Os produtos de encaixe e os desfiles da II Mostra Virtual atraen a 133.650 persoas

Os produtos de encaixe e os desfiles da II Mostra Virtual atraen a 133.650 persoas

Este ano, polo cambio na natureza do evento con respecto á primeira edición, optouse por reducir o número de publicacións (56) gañando en calidade e organización. O que aumentou foi alcance medio, chegando a 2.386 persoas por post. Particularmente, as ofertas especiais dos postos participantes foron vistas por 61.018 persoas. A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, clausurou a Mostra Virtual agardando “que en outubro, con tódalas garantías sanitarias, se poida celebrar a tan desexada trixésima edición da Mostra do Encaixe”.

Inauguración da exposición fotográfica “Palilleiras. Presente e Futuro”

Inauguración da exposición fotográfica "Palilleiras. Presente e Futuro"

Hoxe tivo lugar o acto inaugural da mostra, titulada ‘Palilleiras. Presente e futor’, formada polas fotografías dun proxecto da fotógrafa Ana García. Sandra Insua destacou que “poucos homenaxes son tan merecidos como este xa que as palilleiras son o maior símbolo de Camariñas e en moitas partes do mundo coñécennos grazas á súa labor”. O director de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, explicou que “sempre estaremos ao lado do sector artesano e este é un dos máis destacados da comunidade”.

Os stands da II Mostra Virtual comezan a difundir as súas ofertas especiais para o evento

Os stands da II Mostra Virtual comezan a difundir as súas ofertas especiais para o evento

Desde o martes e ata o domingo os 12 postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais. Os espectadores poderán ver desde mañá os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado. Mañá, mércores 31 de marzo, inaugurarase ás 11 horas na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’. Desenvolverase principalmente a través da páxina de Facebook e tamén haberá contidos no Instagram e na canle de YouTube da Mostra.

Camariñas vivirá unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes pola II Mostra Virtual

Camariñas vivirá unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes pola II Mostra Virtual

A organización decidiu estender a toda a semana o evento, que se celebrará do 29 de marzo ao 4 de abril, para dar cabida a unha completa programación. O luns 29 de marzo producirase a apertura da II Mostra Virtual e, paralelamente, o Museo do Encaixe acollerá a presentación do cupón da Once coa imaxe da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Desde o martes e ata o domingo os postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais.
Os espectadores poderán ver os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado. O mércores 31 de marzo inaugurarase na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’. Desenvolverase principalmente a través da páxina de Facebook e tamén haberá contidos no Instagram e na canle de YouTube da Mostra.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad