O Museo do Encaixe xa forma parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía dos museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía

A finais do ano pasado realizouse un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitilo á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O Museo do Encaixe de Camariñas xa formar parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía que seleccionou o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo.

Toda a información sobre o espazo museístico camariñán e imaxes do que poderán atopar nel os visitantes está xa dispoñible na páxina web da guía, a través da seguinte ligazón: https://www.homofaberguide.com/en/visit/visit-camari-as-lace-museum

A finais do ano 2020 o Concello de Camariñas estivo levando a cabo un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e datos xerais do Museo do Encaixe, á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O proxecto https://www.homofaberguide.com/ ten como obxectivo destacar aos mellores artesáns de Europa e a aqueles museos, galería, obradoiros e tendas máis relevantes do sector, así como facilitar as alianzas dentro da comunidade. É unha plataforma moi atractiva visualmente, na que cada referencia ou institución ten a súa propia páxina con fotos, texto sobre a súa actividade e datos útiles (localización, horarios, etc.).

“Continuamos co noso proceso de internacionalización do encaixe a través da inclusión do museo neste proxecto” destacou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, que explicou que “queremos que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado”.

Que é o Homo Faber

A Michelangelo Foundation é unha institución internacional dedicada a impulsar a artesanía e o deseño. No 2018 organizou por primeira vez o encontro de artesanía ‘Homo Faber’, único das súas características, que exhibiu obras de máis de 400 artesáns e deseñadores europeos. Este ano tería que celebrarse en Xapón a segunda edición, que se tivo que pospor a 2021 debido á expansión da COVID-19.

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron un agasallo do Concello pola súa labor ao longo do ano. O mozo de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.