Mostra
do Encaixe
A Mostra do Encaixe de Camariñas é moito máis ca un evento, é unha explosión de tradición, creatividade e moda que leva máis de 30 anos facendo historia! Aquí as palilleiras demostran a súa arte, os novos deseñadores sorprenden co seu talento e a pasarela énchese de estilo co encaixe como protagonista. Ven sentir o latexo da Mostra, onde o pasado e o futuro do encaixe camiñan xuntos ao ritmo da Costa da Morte!
A pasarela
da Mostra
A pasarela da Mostra do Encaixe é puro espectáculo! Un punto de encontro onde a tradición encaixeira e a moda máis innovadora se dan a man. Aquí, grandes deseñadores e promesas do deseño reinventan o encaixe con creacións sorprendentes, cheas de estilo e personalidade. Se queres ver como o arte de palillar cobra vida sobre a pasarela, este é o teu sitio. Brilla o encaixe, brilla a Mostra!
Detrás da mostra
A Mostra do Encaixe de Camariñas é posible grazas ao esforzo conxunto do Concello de Camariñas, co apoio de entidades como a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como de empresas locais que cren neste proxecto. Pero se hai algo que fai especial este evento, son as persoas que o fan posible: un equipo de voluntarios que, con ilusión e dedicación, traballan desinteresadamente para que cada edición sexa inesquecible. Grazas a todos eles, a Mostra segue sendo un referente mundial do encaixe!
Descubre na Mostra os
deseñadores
máis prometedores
da moda nacional
O Spot da XXXV Mostra
As artistas
Palilleiras







O Blog da Mostra
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda
Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do...
Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’ e Anxo Mouzo, con ‘A Princesa Dourada’, estrean as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe
Mañá, venres 3 de abril, e o sábado, 4 de abril, continuarán Diego Garrote, Alfonso...
O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra
Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina...