Mostra
do Encaixe
A Mostra do Encaixe de Camariñas é moito máis ca un evento, é unha explosión de tradición, creatividade e moda que leva máis de 30 anos facendo historia! Aquí as palilleiras demostran a súa arte, os novos deseñadores sorprenden co seu talento e a pasarela énchese de estilo co encaixe como protagonista. Ven sentir o latexo da Mostra, onde o pasado e o futuro do encaixe camiñan xuntos ao ritmo da Costa da Morte!

A pasarela
da Mostra
A pasarela da Mostra do Encaixe é puro espectáculo! Un punto de encontro onde a tradición encaixeira e a moda máis innovadora se dan a man. Aquí, grandes deseñadores e promesas do deseño reinventan o encaixe con creacións sorprendentes, cheas de estilo e personalidade. Se queres ver como o arte de palillar cobra vida sobre a pasarela, este é o teu sitio. Brilla o encaixe, brilla a Mostra!
Detrás da mostra
A Mostra do Encaixe de Camariñas é posible grazas ao esforzo conxunto do Concello de Camariñas, co apoio de entidades como a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como de empresas locais que cren neste proxecto. Pero se hai algo que fai especial este evento, son as persoas que o fan posible: un equipo de voluntarios que, con ilusión e dedicación, traballan desinteresadamente para que cada edición sexa inesquecible. Grazas a todos eles, a Mostra segue sendo un referente mundial do encaixe!
Descubre na Mostra os
deseñadores
máis prometedores
da moda nacional
O Spot da XXXIV Mostra

As artistas
Palilleiras











O Blog da Mostra
Recunchos internacionais, exhibicións artesás en vivo, stands e moito máis na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña
No pavillón Víctor Vigo daranse cita artesáns e artesás chegadas de varios puntos da xeografía...
A Mostra do Encaixe amplía a súa oferta cultural con seis presentacións literarias
Xesús Búa, Alfonso de Sas, Icía Varela e Xosé Manuel Varela, Xan Fernández, Ana García...
O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ contará con 14 postos de venta
O espazo dedicado ao sector alimentario ‘Gourmet entre encaixes’, que se estreou con éxito na...