A XXX Mostra do Encaixe, presente na VII Edición da FESTUR de Silleda

O obxectivo é promocionar o evento do palillo, que se desenvolverá do 8 ao 12 de outubro en Camariñas. O pasado sábado 4 de setembro, acudiron dúas palilleiras da Asociación Puntillas e o domingo, outras dúas da Asociación Rendas.

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas tamén estivo presente na VII Edición de FESTUR, que se celebrou esta fin de semana pasado no Concello de Silleda.

O obxectivo é promocionar tanto o evento do palillo, que nesta edición cumple trinta anos, e que se desenvolverá do 8 ao 12 de outubro en Camariñas, como promocionar o proxecto ‘A Caramiña vén palillar ao cole’.

Este pasado sábado 4 de setembro, acudiron dúas palilleiras da Asociación Puntillas e o domingo, xornada de clausura, outras dúas da Asociación Rendas.

A aplicación do Encaixe de Camariñas pódese observar en diferentes pezas: nas máscaras e na moda infantil da man do deseñador Esteban Freiría, ou nos tocados das deseñadoras Janet Schulz e Ana Cabranes.

A XXX Mostra do Encaixe, presente na VII Edición da FESTUR de Silleda

Posts relacionados

¿Onde está o encaixe no cartel da XXX Mostra?

¿Onde está o encaixe no cartel...

Neste post, a nosa experta palilleira, desvelanos tódolos secretos do smoking do protagonista do cartel da XXX Mostra do Encaixe…
Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXX Mostra do Encaixe...

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey e íntegramente realizado por…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.