Mostra

do Encaixe de Camariñas

Onde a tradición se converte en ARTE

Mira o video

transparent-overlay
Reproducir vídeo

A Mostra do Encaixe é o evento encaixeiro máis importante do mundo e celébrase dende hai 30 anos, sempre en Semana Santa, en Camariñas. Terra máis coñecida en toda Galicia por ser a "Vila das Palilleiras"

Despois de trinta edicións da Mostra do Encaixe podemos dicir que é o evento encaixeiro máis importante do mundo.  Para aquelas persoas que non saben nada da nosa Mostra  poderíamos definirlla como un encontro de palilleiras organizado polo Concello de Camariñas que se celebra sempre en Semana Santa no recinto feiral do Pavillón de Deportes de dito concello. Estas artesás, divididas en tendas, asociacións e particulares, proveñen en na súa gran maioría do propio concello, pero tamén asisten moitas da Costa da Morte, resto de Galicia e España. Á chamada da Mostra acuden incluso un número importante de delegacións extranxeiras que pasan estes días de vacacións na Vila das Palilleiras. Estas representacións extranxeiras proceden tanto de Europa como de outros continentes como América ou Ásia que se dan cita en Camariñas para intercambiar coñecementos e entablar relacións culturais. 

Pero a Mostra non só consiste niso, se non que tamén ten unha misión comercial para dotar ás palilleiras dun nucleo de ventas centralizado nun recinto feiral totalmente adaptado a donde asisten miles de persoas en tan só cinco días polos que transcorre a Mostra. Cada tenda de bolillos, artesá ou asociación de palilleiras pode dispoñer dun stand dentro do recinto feiral no que expoñer os seus traballos e así poder vendelos tanto a particulares como a empresas distrubuidoras. 

Pero a cousa non acaba aquí. A estes dous aspectos máis coñecidos que definirían á Mostra do Encaixe temos que engadir o importantísimo aspecto da moda máis vangardista. Unha das pasarelas máis importantes de España celébrase tódolos anos na Sala de Desfiles da Mostra do Encaixe. O codiciado Concurso de Nóveis Deseñadores, que selecciona entre centos de propostas a tan só dúas ducias de xoves promesas que presentan as súas candidaturas para participar neste importante escaparate da moda.  Todos estes deseños deben estar confeccionados con Encaixe de Camariñas. Deste certame saíron grandes nomes da moda española entre elas Sara LageJosé Matteos ou Amaya González.

O evento encaixeiro máis importante do mundo celébrase en Camariñas cada Semana Santa

30 aniversario

A Mostra do Encaixe celebra este ano a súa edición número 30 e para celebralo a organización terá preparada unha chea de novidades

Deseño e Encaixe

Este ano potenciarase máis ca nunca o Concurso de Xoves Deseñadores, auténtico trampolín das promesas da moda

XXX Mostra do Encaixe

2021 é o ano de Camariñas

Este ano non tes escusa para non vir a Camariñas. Desfruta de todo o que che ofrece este pobo de ensoño cunha das pasarelas de moda más importantes de España, unha paisaxe espectacular e unhas xentes inolvidables. Este ano ven a Camariñas.

O escaparate das palilleiras

Un Punto de encontro encaixeiro

A Mostra do Encaixe reúne tódolos anos unha parte moi importante das palilleiras galegas, do resto de España e tamén europeas e do mundo. O intercambio de coñecementos entre as distintas delegacións ven sendo unha tarefa habitual nos cinco días que dura a Mostra do Encaixe de Camariñas.

encontro-encaixeiras-mostra
pasarela-mostra-encaixe-camarinas-2019

O mundo da moda en camariñas

Unha das pasarelas máis importantes

Se che gusta a moda e estar á última non podes perderte a pasarela da Mostra do Encaixe. Aquí podes ser testigo do codiciado Concurso de Nóveis Deseñadores ou dos desfiles dos máis importantes deseñadores que se dan cita na Semana Santa de Camariñas

OS grandes deseñadores

Opinan sobre a Mostra

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad