O encaixe de Camariñas vestirá as pezas de ‘Filomena’, a nova exposición de Rocío Utray

A mostra recolle os troncos que o furacán deixou tras de si en Pozuelo de Alarcón. O Museo do Encaixe acollerá o vindeiro luns, 19 de xullo ás 12.00 horas, a inauguración. As persoas interesadas poderán visitala ata o 16 de agosto.

Converter en arte os danos dun furacán semella difícil, pero iso é o que pretende Rocío Utray, a autora da exposición ‘Filomena’, cuxa inauguración terá lugar o luns no Museo do Encaixe. Precisamente, o encaixe de Camariñas estará moi presente nesta mostra, e vestirá os troncos que o furacán Filomena deixou tras de si en Pozuelo de Alarcón.

O traballo de Utray verá a luz o vindeiro luns, 19 de xullo, ás 12.00 horas. As persoas interesadas en visitala poderán achegarse ata o 16 de agosto no horario de atención ao público (de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas).

Ao acto inaugural acudirán a alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, e a edil de Igualdade, Begoña Tajes, ademais da propia comisaria de ‘Filomena’.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES