Mostra

do Encaixe de Camariñas

Un evento cheo de Historia

Mira o video

transparent-overlay
Reproducir vídeo

A primeira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas celebrábase na Semana Santa do ano 1991 chegando a ser inaugurada polo Conselleiro de Industria Juan Fernández, o Presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda e Fernando González Laxe, como ex-Presidente da Xunta de Galicia acompañando a Bautista Santos, Alcalde de Camariñas.

Din algúns historiadores que, probablemente, o Encaixe de Camariñas teña a súa orixe nas relacións comerciais entre os portos galegos e os Paises Baixos dos séculos XVI e XVII. Outros estudiosos da historia comarcal optan pola teoría de que o encaixe chegou a Camariñas despois de que unha moza italiana fose rescatada polos veciños da vila despois dun terrible naufraxio na costa de Camariñas. Esta moza enseñaría despois a artesanía do bolillo italiano a todas as mulleres da vila espallándose esta arte por toda a Costa da Morte. Dun tempo a esta parte circula outra poética teoría que podería resumirse na idea de que serían as laboriosas mulleres que vivían no territorio que abrangue actualmente Camariñas as que desarrollaran nalgún momento esta arte exportandoa despois por outros territorios. Sabido por todo o mundo a alma viaxeira e emprendedora en busca dun porvir mellor que todo galego leva dentro desde tempos inmemoriais. Sexa como fora algunha destas teorías ten máis base científica que outras, así é todo deixamos a cada lector que as interprete á súa maneira. Despois desta pequeno aclaración sobre a orixe do Encaixe de Camariñas vamos a dar algunhas das claves sobre a Mostra do Encaixe de Camariñas.

Un momento histórico

A Inauguración

Corría o ano 1991 e Camariñas inauguraba a 1ª Mostra do Encaixe que transformaría para sempre a forma de traballar para miles de palilleiras, non só do Concello de Camariñas se non tamén do resto da Costa da Morte.

foto-antigua-carme-camarinas-00011
foto-antigua-carme-camarinas-00007

Camariñas capital do Encaixe

Os encontros

Dende as primeiras edicións da Mostra os encontros das palilleiras locais coas do resto de España e de Europa foron constantes levando estes eventos a un coñecemento moito maior da arte camariñana

As xeracións vindeiras

A Escola de Palillo

Unha das claves da supervivencia e revalorización do Encaixe de Camariñas foi a creación das Escolas de Palillo en todas as parroquias do concello. A día de hoxe deceas de nenas e nenos participan nesta actividad extraescolar en Camariñas.

primeira-escola-de-palillo-camarinas

Se o Encaixe de Camariñas é algo consustancial dentro da idiosincrasia propia de Camariñas, a vila das palilleiras non se entendería como tal hoxe en día sen a Mostra do Encaixe na Semana Santa. Volvendo a vista atrás cáseque 60 anos, podemos comprobar o cambio drástico que dou a milenaria artesanía do Encaixe de Camariñas. Cando as mulleres daquel entón eran preguntadas polos periodistas que se achegaban curiosos sobre o futuro do encaixe de bolillo, as nosas bisavoas respondían sen dúbida algunha: “esto do encaixe desaparecerá, claro”.

As nosas mulleres de antaño non sabían o equivocadas que estaban. Despois de varios intentos por comercializar dignamente este arte propia, foi o Concello de Camariñas o que se puxo mans a obra para organizar a 1ª Mostra do Encaixe, que supuxo un antes e un despois na dinamización do inmenso traballo realizado por estas heroínas de entón. A inauguración desta primeira edición estuvo respaldada por numerosas autoridades tales como Fernando González Laxe, ex-Presidente da Xunta, O Conselleiro de Industria Juan Fernández e Salvador Fernández Moreda como Presidente da Deputación da Coruña.

Galería

Da 1ª Mostra

30 anos contemplan estas imaxes históricas da inauguración da 1ª Mostra do Encaixe. Moitos dos seus protagonistas xa non están entre nos. Dende aquí a nosa homenaxe.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad