30 anos na vangarda da moda
Deputación da Coruña

Os stands da II Mostra Virtual comezan a difundir as súas ofertas especiais para o evento

Desde o martes e ata o domingo os 12 postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais. Os espectadores poderán ver desde mañá os vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén terán o seu espazo as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado. Mañá, mércores 31 de marzo, inaugurarase ás 11 horas na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’. Desenvolverase principalmente a través da páxina de Facebook e tamén haberá contidos no Instagram e na canle de YouTube da Mostra.
Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

Share on whatsapp
Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter

O obxectivo principal desta segunda edición virtual da Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña é o da comercialización do encaixe e, perseguindo ese fin, hoxe os postos participantes neste evento comezan a difundir as súas ofertas especiais, que permanecerán vixentes ata o domingo 4 de abril.

Os 12 stands que participan e que están a ofrecer os seus produtos de encaixe son: Arte en palla, Asociación Puntillas, Asociación Rendas, Bolillos, Encaixes Arjomil, Encaixes Gelina, Encaixes Lucita, Fiando Miudo, Jataparda, Miñamena, Nemanquiñas e Recanto do Encaixe.

Na páxina de Facebook da Mostra do Encaixe de Camariñas, e tamén na web www.mostra.es, explícanse os produtos ofertados e inclúense fotos para que as persoas interesadas tamén poidan velos. Ademais, cada unha das tendas aporta diferentes métodos de pago e formas de envío para facer máis sinxela a compra.

II Mostra Virtual

Ata o domingo, 4 de abril, terá lugar a segunda edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que presenta novidades con respecto ao ano pasado e nesta ocasión cambiará o seu funcionamento para centrarse na comercialización do encaixe e na publicación das coleccións do certame de Jovenes Deseñadores en diferentes enclaves turísticos do municipio.

Desde mañá, mércores 31 de marzo, os espectadores poderán ver os vídeos das coleccións do XXVII certame de Jóvenes Deseñadores. Moitos destes foron gravados por alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (UDC) en diferentes localizacións do municipio e con modelos locais como protagonistas. Tamén terán o seu propio espazo, entre outros, as palilleiras, as nenas das escolas de palillo ou o voluntariado.

Tamén mañá mércores inaugurarase ás 11 horas na praza da Insuela a exposición ‘Palilleiras: presente e futuro’. Trátase dunha pequena homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras que, xeración tras xeración, fan do Encaixe de Camariñas unha arte única no mundo. As fotografías dos 22 tótems que se instalarán forman parte dun proxecto realizado en decembro de 2019 por Ana García, fotógrafa da Voz de Galicia. Está previsto que esta exposición permaneza na praza ata o mes de outubro.

A clausura será o domingo e correrá a cargo da directora da Mostra, Dolores Lema, e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro. Ademais, tamén haberá espazo para a música xa que o Grupo Jaque quixo formar parte deste evento cunha versión propia da coñecida canción ‘Camariñas’.

As plataformas de emisión da segunda edición da Mostra Virtual serán principalmente a páxina de Facebook da Mostra (@MostradoEncaixe) e tamén haberá contidos no Instagram (@Mostraencaixecamarinas) e na canle de Youtube (@Mostradoencaixe).

Certame de Jovenes Deseñadores

As 24 coleccións que participarán nesta II Mostra Virtual son: ‘Black Tide’, ‘Carrera de Indias’, ‘Daquela que cantan as pombas i as frores’, ‘Déjame encajar’, ‘Denantes mortas que escravas, ‘Enxebre i tradición’, ‘Enxebre II’, ‘Estímulos’, ‘Evol’, ‘Femme’, ‘Fossil’, ‘Honey, Bee Free’, ‘Leo’, ‘Matista’, ‘Passaris’, ‘Samantha’, ‘Sea Lung’, ‘Suspiros Flamencos’, ‘The Beautiful Brut’, ‘The Blue Horse’, ‘Tira y afloja’, ‘Un paseo sereno’, ‘Victoria’ y ‘Zeistmaschine’.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad