XXXIII Mostra do Encaixe

Actualidade da Mostra do Encaixe

Os Bolechas aprenderon a palillar na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá tomaron boa nota dos nenos e nenas da Escola municipal de Palillo.
Desfilaron con eles no PequeEncaixe entregáronlles unha publicación especial baixo o título ‘Os Bolechas veñen aprender a palillar en Camariñas’.

Nesta mañá de sábado tamén se presentou a equipación do equipo feminino da Escola municipal de fútbol Juan Cabrejo.

O ‘ReEncaixame’ e o ‘Gourmet entre Encaixes’ debutan na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Eli Conde, Yolanda Román, Luz Prado participan no novo desfile ‘ReEncaixame’, que saíu hoxe á pasarela por primeira vez.

A finalidade é reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

No espazo gastronómico están presente: CienPorCel, K Dulce, Bico de Xeado, Quesos Artesanos Autor, A Biconeta, Ibéricos de Salamanca, Pimentón La Ristra, Frigoríficos Canosa, Stolt Sea Farm, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e mermeladas Amorodo.

Inauguración XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Yolanda Díaz 00004

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda do Goberno e o director xeral de Comercio. Sandra Insua salientou que “hoxe en día a Mostra e o encaixe son sinónimos de modernidade” e tamén que “en certo modo a Mostra é un acto de reivindicación do que é o feminismo, estamos rodeadas de mulleres talentosas, valerosas, fortes, empoderadas e boas”.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad