Comercio local, artesanía, postos internacionais e exhibicións artesás na  XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

Haberá un total de 12 postos de diferentes artesáns de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asoc. Prof. De Palilleiras Rendas, Asoc. Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita.  No pavillón Víctor Vigo daranse cita persoas chegadas desde Arxentina, Bulgaria, Eslovaquia, Italia, Polonia ou Portugal.  As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Miyuki e Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural.

A trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña dará para moito, e o visitante poderá adquirir nos diversos postos de Encaixe de Camariñas enxoval doméstico, complementos de moda, recordos e moito máis! 

A Mostra é un escaparate incomparable para os artesáns locais, que amosan durante os cinco días do evento o seu bo facer e ofrecen ao público produtos de alta calidade. Participan este ano 12 postos de diferentes artesáns de Camariñas: El Rincón de los Sueños, Asoc. Prof. De Palilleiras Rendas, Asoc. Puntillas de Camariñas, Encaixa-T, Encajes Gelina, Encaixes Maruja, Resinheira, Galencaixe, Nadia en Vela, Ondas do Mar, A Tenda de María Rosa e Cornechiño de Lita.

Ademais, tamén se poderá desfrutar dos produtos de artesáns chegados de fóra: Ana Trasariz, Arte en Palla, Artesanía Nía, “As Nemanquiñas”, Asociación Palilleiras “A Nosa Señora da Barca”, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encaixes Lucita, Fils i Agulles Carme Espriu, Mulleres Rurais Moraime, Olería de Buño, Project Market 13 e Tejas Pintadas. 

Tamén haberá espazo social e institucional coa Asociación contra o Cancro – Junta Local de Camariñas, Asocaición Virxe do Carme de Camariñas, Concello de Camariñas, Deputación da Coruña, Ponte Friki e contaremos tamén cun Punto Violeta.

No contexto internacional daranse cita palilleiras e palilleiros de nivel internacional chegados desde Córdoba e Bos Aires, en Arxentina; de Sofía, Bulgaria; de Krakovany, Eslovaquia; de Novedrate, Italia; de Bobowa, Polonia; de Serra d’el Rei e Peniche, Portugal e tamén de Arenis de Arenys del Mar, de España.
As demostracións de artesanía viva correrán a cargo das oleiras e oleiros de Buño, de Miyuki e de Tejas Pintadas con exhibicións de montaxe de bixutería en pedra natural.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.