Moita música na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas con Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastian Allones Dans e Las Guerreras del K-Pop, folclore e corais

Ademais, como de cotío, haberá actuacións folclóricas con Abrindo Rejo, As Cansorriñas, Con toda en banda, Golpe de mar, Mar devalado e Vaiche Boa. O domingo, 5 de abril, ás 12:15 horas, terá lugar o IX Encontro de Corais Mostra do Encaixe coa coral polifónica San Roque de Vigo, Coral San Salvador de Pazos e Coral Municipal Brisas do Mar de Camariñas.

A música non podía faltar na programación da trixésimo cuarta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, na que Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastian Allones Dans e Las Guerreras del K-Pop, ademais das actuacións das agrupacións folclóricas de Abrindo Rejo, As Cansorriñas, Con toda en banda, Golpe de mar, Mar devalado eVaiche Boa. 

Para a apertura, entre os desfiles de ‘PequEncaixe’ e ‘Grandes Firmas’ do mércores 1 de abril, terá lugar a actuación de Luar na Lubre, unha das bandas máis míticas do panorama tradicional galego e que inspira o seu proxecto nas correntes da música folk europea e, particularmente, na órbita das denominadas músicas “atlánticas ou célticas.”

O sábado, 4 de abril ás 12:30 horas, logo dos desfiles de ‘ArtEncaixe A’, ‘Grandes Firmas A’ e ‘PequEncaixe’, a pasarela Deputación da Coruña acollerá a actuación de Sebastián Allones Dans, de Camelle, e que con tan só 12 anos ganou o concurso de talentos ‘Da rúa á lúa’, do programa ‘Quen anda aí’ da Televisión de Galicia.

O domingo, 5 de abril, ás 12:15 horas, quenda do IX Encontro de Corais Mostra do Encaixe coa coral polifónica San Roque de Vigo, Coral San Salvador de Pazos e Coral Municipal Brisas do Mar de Camariñas.

O domingo 5 de abril ás 13:00 horas, está previsto o espectáculo musical e de danza de Las Guerreras del K-Pop e xa pola tarde, pasadas as 19:30 horas para clausurar a trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, Antía Muíño, unha das revelacións da canción galega cun rexistro que se move entre o jazz-pop, a canción alternativa de autor e o amor pola música tradicional galega. 

Este eclecticismo convértea nunha artista difícil de clasificar, que busca escapar das etiquetas e clichés e que se move sen complexos entre todas estas augas para transmitir unha voz versátil e polifacética, á vez que profundamente persoal e singular.

‘Anfibia por veces’ (2026) é o título do seu segundo traballo, un álbum ecléctico e sorprendente no que a artista explora novos sons, elevando o estilo íntimo e o son acústico que a caracterizan. Este disco é froito dun traballo conxunto co destacado produtor galego Hevi nel a artista reflexiona sobre grandes temas universais como a identidade, o amor, a búsqueda dun mesmo ou o sentimento de pertenza. 

Antía tamén reivincida o papel da muller como creadora e instrumentista, incluíndo colaboración con destacadas figuras da escena galega como Lilaina, Brassic Rapa e Margarida Mariño. 

Moita música na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas con Luar na Lubre, Antía Muíño, Sebastian Allones Dans e Las Guerreras del K-Pop, folclore e corais

Posts relacionados

¿Onde está o encaixe no cartel da XXX Mostra?

¿Onde está o encaixe no cartel...

Neste post, a nosa experta palilleira, desvelanos tódolos secretos do smoking do protagonista do cartel da XXX Mostra do Encaixe…
Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXX Mostra do Encaixe...

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey e íntegramente realizado por…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.