Mariví Santos e Zeltia ao Aire fusionarán o encaixe de Camariñas con complementos para cerimonia

A primeira deseñará elementos como bolsos ou tocados; a segunda, pezas para noiva.

Mariví Santos e Zeltia ao Aire son outros dos nomes que configurarán a pasarela do ArtEncaixe na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. A primeira deseñará elementos coma bolsos ou tocados, aos que lle aplicará encaixe. A segunda fará o propio con pezas para noiva. 

“Para min foi unha gran experiencia participar o pasado ano na Mostra, onde amosar a nosa artesanía nunha pasarela tan relevante e ver ás modelos e aos modelos lucir as túas pezas en movemento fanche sentir orgullosa do que estás facendo. Para min o reto de combinar diferentes disciplinas é conseguir que o encaixe luza aínda máis, dándolle maior importancia á prenda”, asegura Santos. 

Pola súa banda, Zeltia sinala que “as miñas pezas hai que velas integradas, coma se fosen o mesmo tipo de traballo. Eu o que fixen para Camariñas é tratalas coma se fosen de bordado ao aire, integrándoas de tal maneira que hai que estar moi atentas para ver esa conxunción, como unha conexión que ten sentido e na que nada sobresae. Vou levar catro pezas para noiva, pero para noiva moi especial, e ata aí podo ler”. 

Os horarios nos que poderedes ver os desfiles de ArtEncaixe na pasarela Deputación da Coruña son:

  • Xoves 2 de abril ás 12:45 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B). 
  • Venres 3 de abril ás 12:45 (grupo B) e ás 16:45 horas (grupo A). 
  • Sábado 4 de abril ás 12:30 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).
Mariví Santos e Zeltia ao Aire fusionarán o encaixe de Camariñas con complementos para cerimonia

Posts relacionados

A nova web da Mostra do Encaixe estará traducida a cinco idiomas

A nova web da Mostra do...

Ademais do galego actual incorporaranse o castelán, inglés, italiano e portugués. Estes dous últimos idiomas en homenaxe aos nosos pobos…
Benvidos á web da Mostra do Encaixe

Benvidos á web da Mostra do...

A web da Mostra do Encaixe renóvase completamente cun deseño moderno e atractivo para adaptarse aos novos tempos. Todo o…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.