Teatro e monólogos posiciónanse como alternativas culturais na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

  • Dentro da ampla programación do evento destacan no eido das artes escénicas as actuacións da compañía Aantena, a compañía de Camelle e Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola.

O teatro e os monólogos preséntanse como alternativas culturais na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Dentro da ampla programación deste evento, destacan no eido das artes escénicas as actuacións da compañía Aantena, a compañía de Camelle e Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola. 

Durante o serán do xoves, 2 de abril, ás 20:30 horas, haberá unha representación teatral a cargo da compañía Aantena titulada ‘Fíos da memoria’. Na propia pasarela Deputación da Coruña. A entrada é gratuíta. 

Así, o venres 3 de abril ás 20:30 horas, tamén a pasarela encherase de gargalladas con ‘Mortos de Risa’, da compañía de Camelle, un monólogo cuxa entrada é completamente de balde. 

Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola proporán un monólogo titulado ‘Sen restricións’ o sábado, 4 de abril, ás 20:30 horas. Tamén na pasarela Deputación da Coruña e para o que hai que adrquirir entrada previamente na taquilla. 

Este espectáculo xunta a tres intrépidas no escenario dispostas a compartir as súas historias, pensamentos, anécdotas e vivencias. O cinema servirá de fío condutor a estas tres valentes mulleres para falar de temas tan dispares e disparatados como o amor, as drogas, o Apóstolo Santiago, a Costa da Morte ou as químicas.

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron un agasallo do Concello pola súa labor ao longo do ano. O mozo de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.