XXXII Mostra do Encaixe

Actualidade da Mostra do Encaixe

Touriñán actuará na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

O humor de Touriñán, protagonista da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

O artista coruñés presentará o seu monólogo ‘Aquí Tou!’, que utiliza en ton sarcástico historias da súa vida “porque o que hai que facer é rir dun mesmo para poder rir de calquera cousa”. O humorista actuará o sábado 8 de abril ás 20:30 horas. “Nunca estivera na Mostra, pero escoitei falar dela toda a vida e na miña casa hai pezas de encaixe mercadas en Camariñas”,
sinala.

O camariñán Lopes encabeza a programación musical da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

O camariñán Lopes encabeza a programación musical da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

O artista declara que “poder tocar onde mi criei, que é onde vivín experiencias das que saco a inspiración dos temas que fago, é un orgullo”. O club de baile deportivo ‘Arte e Movemento’ fará unha exhibición na que se mesturan bailes caribeños, latinos e estándar. DJ SON1C estreará a versión dance da canción ‘Camariñas’, acompañado de Alicia Bautis, e da música da Danza de Arcos.

Claudina Mata coas modelos da súa colección na Mostra 2022

Claudina Mata e K-KOU estarán XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

A deseñadora granadina sumará a súa sexta participación na Mostra e avanza que “presentaré, en exclusiva para Camariñas, un adelanto de lo que será la colección de novias del 2024”. A marca de moda española K-KOU cualifica á Mostra do Encaixe como “el proyecto de artesanía más importante de España”.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad