A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto desde o ano 2011. O mércores, o sábado e o domingo rexistrouse o número máis alto desde o ano 2011. O día de maior afluencia foi o venres, 3 de abril, con 6.760 persoas.

Un total de 23.440 persoas quixeron estar ‘Onde o fío se converte en arte’ e confirmaron á tendencia á alza da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que continúa medrando ano a ano, consolidada xa como unha das propostas de ocio e cultura de referencia na Semana Santa en Galicia. 

Outro ano máis, destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.760 entraron ao recinto. O segundo mellor día foi o xoves, con 6.054 asistentes.

Ademais, o mércores, o sábado e o domingo rexistráronse os números máis altos desde o ano 2011. O mércores visitaron a Mostra 1.700 persoas, o sábado 4.669 e o domingo fixeron o propio 4.256 persoas.

A Mostra, acompañada do bo tempo que fixo durante toda a semana e que deixou unha elevada afluencia de visitantes no municipio, segue a afianzarse como un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento. 

Posts relacionados

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.