A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron un agasallo do Concello pola súa labor ao longo do ano. O mozo de Camelle, Sebastián Allones Dans, gañador do concurso de talentos do programa ‘Quen anda aí’, actuou durante os desfiles da mañá.

Os nenos e nenas da Escola de Palillo recibiron hoxe, sábado 4 de abril, despois dos desfiles da mañá, un agasallo do Concello de Camariñas e da Mostra do Encaixe para recoñecer o traballo que realizan ao longo do ano e que garante o futuro do encaixe. 

A alcaldesa, Sandra Insua, e a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, ademais doutros membros do goberno local, entregaron o agasallo aos encaixeiros infantís ao remate do emocionante e divertido desfile do PequEncaixe.

Ademais, as persoas asistentes puideron desfrutar en directo da actuación do mozo de Camelle Sebastián Allones Dans, que con tan só 12 anos gañou o concurso de talentos ‘Da rúa á lúa’, do programa ‘Quen anda aí’ da Televisión de Galicia.

Posts relacionados

Moita música na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas con Fillas de Cassandra, Budiño e Soledad Vidal

Moita música na XXXIV Mostra do...

As e os artistas ofrecerán recitais o mércores, xoves e domingo.
Teatro e moito humor na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas 

Teatro e moito humor na XXXIV...

David Amor participará o sábado 19 de abril na pasarela Deputación da Coruña co monólogo Love está en el aire.…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.