Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada con fíos especiais durante máis de tres meses, é un tributo a todos os homes do mar e, especialmente, ao seu pai, Ramón Campaña ‘O Ulludo’.

A artesá Josefina Campaña, á fronte da firma Ondas do Mar que participou por primeira vez no desfile de Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, levou o encaixe aos Premios Artesanía de Galicia cunha peza única: a gargantilla ‘Mar de Hielo’. 

Esta peza é moito máis ca unha xoia de vangarda; é unha sentida homenaxe. Tal e como explica a propia creadora, o colar está dedicado “a todos os mariñeiros que xa non están, que marcharon por desgraza no mar ou aos que xa lles tocou irse, e aos que quedan a día de hoxe”. Pero, por riba de todo, é un tributo moi persoal ao seu pai, o mariñeiro Ramón Campaña, coñecido na vila co alcume de ‘O Ulludo’.

A elaboración desta gargantilla exclusiva levou máis de tres meses de intenso traballo no taller, empregando fíos especiais para acadar o espectacular resultado final.

Unha vida ligada ao mar

O vínculo de Josefina co mar vai moito máis alá da estética da súa marca. Filla e familiar de mariñeiros —pertence á coñecida familia dos Campaña de Camariñas—, a artesá, ademais de ser profesora de palillo e ter estudado tres anos de deseño, conta co título de patrón e motorista de barco. “Nun principio da miña vida quería ser mariñeira. A día de hoxe a vida cambiou, conseguín saír de cousas tristes, logrei poñer fío ás ondas do mar e dedicarlle a meu pai esta gargantilla”, confesa emocionada.

‘Mar de Hielo’ convértese así no testemuño físico dese inmenso amor polas raíces. Este mesmo sentimento foi o que a levou a dedicarlle tamén ao seu pai o seu recente libro, De nena, artesá a muller.

Tras o frenesí da Mostra e o recoñecemento do seu traballo, Josefina agarda agora compartir esta xoia para “ensinarlle ao mundo enteiro a gargantilla Mar de Hielo”, demostrando unha vez máis que o Encaixe de Camariñas é unha arte viva capaz de contar as historias máis profundas e auténticas da Costa da Morte.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.