O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas toallas.  O departamento da Mostra do Encaixe encargou a realización e aplicación do encaixe ás asociacións Rendas e Puntillas.

O Concello de Camariñas afianza a súa colaboración coa empresa Zara Home, do grupo Inditex, que acaba de comezar a comercializar dous novos produtos con encaixe de Camariñas: unha toalla de flocos (https://www.zarahome.com/es/toalla-lino-encaje-camarinas-l45592013?ct=true&categoryId=1020447643&pelement=519448415&colorId=741) e un set de dúas toallas (https://www.zarahome.com/es/toalla-lino-banda-encaje-camarinas-set-de-2-l45593724).

Esta é a segunda ocasión que Zara Home, dentro da súa aposta polo uso de de diferentes artesanías locais, se une a Camariñas e ao seu encaixe para sacar á venta produtos que incorporan esta artesanía milenaria. O departamento da Mostra do Encaixe volveu a encargar a execución do produto e a aplicación do encaixe ás asociacións locais Rendas e Puntillas. 

Son dúas toallas de liño diferentes: a que leva flocos, que ten un tamaño de 50×90, e leva un aplique de encaixe; e por outro lado, as toallas do set, unha de 30×50 e outra de 50×90, teñen unha banda aplicada de encaixe.

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, explica que “acabamos de vivir un gran momento coa colección cápsula de Pull&Bear e agora non podemos estar máis contentas de continuar a colaboración con Zara Home”. “Son procesos que levan moitas horas ata chegar ao produto final pero merecen moito a pena”, indica.

Posts relacionados

A Festa da Palilleira cumpre unha década e celebrará a súa X edición o vindeiro 6 de decembro 

A Festa da Palilleira cumpre unha...

Será no pavillón municipal Víctor Vigo e haberá mercadiño de Nadal, chocolatada de balde pola tarde e sorteos. Estará organizada…
As palilleiras de Camariñas deseñan pezas de encaixe para aplicación nas máscaras

As palilleiras de Camariñas deseñan pezas...

Están realizadas polas asociacións Puntillas e Rendas e incorporaranse ao catálogo de encaixe existente. A directora da Mostra, Dolores Lema,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.