Spot da Mostra do Encaixe

Actualidade da Mostra do Encaixe

‘Camariñas está de moda’, a XXXII Mostra do Encaixe reivindica a relevancia da súa pasarela, do encaixe e do territorio

A trixésimo segunda edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR no stand de Turespaña, destaca a influencia da súa pasarela de moda, a aplicación do encaixe como complemento e na roupa e as paisaxes do municipio. No vídeo promocional faise un percorrido por todas as parroquias do municipio a través dunha pasarela vermella, na que desfilan voluntarios e voluntarios da Mostra. Sandra Insua animou ao visitante a que veña a Camariñas en Semana Santa “a coñecer a nosa tradición” e asegurou que “vos quedaredes con gañas de repetir para coñecer máis do que somos e de todo o bo que nos rodea”.

Acto de presentación do spot da XXXI Mostra do Encaixe en Fitur

‘E ti, encaixas no paraíso?’, o chamamento da Mostra para dar a coñecer Camariñas máis aló da artesanía

Unha tradición milenaria e unha natureza fermosa e impoñente, a aposta da trixésimo primeira edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR, no stand de Turespaña.
No vídeo promocional faise un percorrido desde a Virxe do Monte, lugar onde se atopa o paraíso, ata a duna rampante do areal de Trece, imaxe do cartel da Mostra.
Sandra Insua animou ao visitante a que “nos visite durante Semana Santa, asista á Mostra do Encaixe e aproveite para coñecer o fermoso patrimonio co que conta Camariñas, estou segura de que volverá”.
Ainhoa Toba, voluntaria da Mostra, é a protagonista do vídeo e tamén do cartel promocional que se proxectou toda a semana nas pantallas de Callao e da Gran Vía.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad