A asturiana Ana Cabranes tamén participará na pasarela de ‘Grandes Firmas’ da XXXIII Mostra do Encaixe
Presentará a súa colección “La notte rosa”, na que reflicte a súa personalidade e a versatilidade de cada unha das prendas. Participou no evento de xeito ininterrompido desde o ano 2003, e os seus looks formaron parte de carteis de pasadas edicións.