Prensa

Actualidade da Mostra do Encaixe

Ana Freiría e Zeltia ao Aire, no desfile de ‘ArtEncaixe’ da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esta será a primeira participación na Mostra de Zeltia ao Aire, mentres que Ana Freiría repite por segundo ano consecutivo. Ana Freiría, especializada na orfebrería artística, traerá “unha colección con moita raíz, onde cobra protagonismo a nosa cultura”.Zeltia ao Aire, que traballa o bordado ao aire, explica que “foi un reto adaptar o encaixe ás miñas creacións”.

Touriñán actuará na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

O humor de Touriñán, protagonista da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

O artista coruñés presentará o seu monólogo ‘Aquí Tou!’, que utiliza en ton sarcástico historias da súa vida “porque o que hai que facer é rir dun mesmo para poder rir de calquera cousa”. O humorista actuará o sábado 8 de abril ás 20:30 horas. “Nunca estivera na Mostra, pero escoitei falar dela toda a vida e na miña casa hai pezas de encaixe mercadas en Camariñas”,
sinala.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad