Prensa

Actualidade da Mostra do Encaixe

Reunión entre Sandra Insua, Encarna Liñeiro e Luis Canosa

O novo espazo ‘Gourmet entre encaixes’ xa conta con doce marcas

As primeiras confirmacións son: CienPorCel, Bico de Xeado, Quesos Artesanos Autor, A Biconeta, Ibéricos de Salamanca, Pimentón La Ristra, Frigoríficos Canosa, Stolt Sea Farm, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e mermeladas Amorodo. Na Mostra Habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos. O custe para as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros.

A XXXIII Mostra do Encaixe estreará o desfile ‘ReEncaixame’ para fomentar a reutilización do encaixe

A finalidade é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas. “Queremos demostrar que o encaixe é unha artesanía de calidade que pode ser reciclado noutras prendas”, explica Encarna Liñeiro. Poderán presentarse, ata o 15 de xaneiro, todas as persoas que participasen nalgunha das edicións do Concurso de Jóvenes Deseñadores.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad