‘Estilo Aramar’ e ‘Feituras’ tamén conformarán a pasarela ‘ArtEncaixe’
O primeiro, un taller dedicado a conseguir todo tipo de complementos únicos, e o segundo de cerámica tradicional creativa.
O primeiro, un taller dedicado a conseguir todo tipo de complementos únicos, e o segundo de cerámica tradicional creativa.
No pavillón Víctor Vigo daranse cita persoas chegadas desde Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Italia ou Polonia. As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Miyuki e torno de vidro. En clave solidaria, a Ataxia de Friedreich volverá a ter o seu espazo neste evento.
A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela outro ano máis. “Moitos dos modelos comezan na Mostra a facer as súas primeiras grandes pasarelas e despois despuntan, como Yusnabis Ferrer, que veu o ano pasado e agora está en Milán”, explica Damián.
Presentará o seu traballo ‘cápsula’ de vestidos nupciais.
A artista, natural de Vilagarcía de Arousa, é unha especialista na técnica xaponesa do raku e tamén no ecoprint, sendo esta a súa terceira participación.
O programa desta festividade conta, ademais de con múltiples pasarelas e actos que enxalzan ás palilleiras e ao encaixe, con actividades como concertos, presentacións de libros ou o monólogo de Carlos Blanco.
Para a recoñecida marca galega é “un reto darle una vuelta al trabajo que hacemos habitualmente, incorporando algo con tanta tradición como es el encaixe”. “El encaixe es modernidad, moda, vanguardia… y, cada vez más, las marcas de moda internacionales se dan cuenta del valor que significa contar con el trabajo artesano en sus colecciones”, explican.
Suso Calo, especializado en artesanía en prata e talla, cree que “o encaixe aporta un plus de creatividade” ás súas pezas, como “nos pendentes de encaixe con armazón en prata”. A firma local Ondas do Mar, de Josefina Campaña, só adiante que “este ano levarei á Mostra luz e vida a través do noso encaixe”.
Cris García, que participou no ano 2017 no concurso de Noveis Deseñadores, reinterpretará a súa colección ‘Sereas’. Luz Prado formou parte do Concurso de Noveis Deseñadores do ano 2018, e transformará a colección ‘Ascalapta’. A finalidade deste desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.
Casa de Pedra de Camariñas
doloreslema.mostra@camarinas.net
Telf. 981 737 004 – Fax. 981 736 199
Encarna Liñeiro Pouso
encarna.lineiro@camarinas.net
Telf. +34 667 03 43 05