Actualidade

Actualidade da Mostra do Encaixe

Imaxe do cartel da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

A proba de por que ‘Camariñas está de moda’, na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas 

Hoxe deuse a coñecer o programa desta nova edición, que terá lugar do 5 ao 9 de abril e que pretende reivindicar a influencia da súa pasarela de moda, a aplicación do encaixe como complemento na roupa e as paisaxes do municipio. Nesta edición o protagonismo será para os desfiles, que aumentan a súa presencia durante todas as xornadas. O concerto do camariñán Lopes ou o monólogo de Touriñán, son as actividades que se saen da programación habitual.

‘Camariñas está de moda’, a XXXII Mostra do Encaixe reivindica a relevancia da súa pasarela, do encaixe e do territorio

A trixésimo segunda edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR no stand de Turespaña, destaca a influencia da súa pasarela de moda, a aplicación do encaixe como complemento e na roupa e as paisaxes do municipio. No vídeo promocional faise un percorrido por todas as parroquias do municipio a través dunha pasarela vermella, na que desfilan voluntarios e voluntarios da Mostra. Sandra Insua animou ao visitante a que veña a Camariñas en Semana Santa “a coñecer a nosa tradición” e asegurou que “vos quedaredes con gañas de repetir para coñecer máis do que somos e de todo o bo que nos rodea”.

Imaxe do Cartel da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Camariñas presentará a XXXII Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2023

Sandra Insua presentará a trixésimo segunda edición da Mostra o xoves 19 de xaneiro no stand de Turespaña. Darase a coñecer o motivo e o vídeo promocional do evento, que terá lugar do 5 ao 9 de abril baixo o lema ‘Camariñas está de moda’. O cartel desta edición mestura o encaixe, aplicado á moda, coa paisaxe máis recoñecible de Camariñas no mundo: o Cabo Vilán.. A Mostra volverá a lucir nas pantallas de Callao e Gran Vía durante toda a semana.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad