Actualidade

Actualidade da Mostra do Encaixe

Cris García e Luz Prado tamén formarán parte da novidosa pasarela ‘ReEncaixame’

Cris García, que participou no ano 2017 no concurso de Noveis Deseñadores, reinterpretará a súa colección ‘Sereas’. Luz Prado formou parte do Concurso de Noveis Deseñadores do ano 2018, e transformará a colección ‘Ascalapta’. A finalidade deste desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

A firma Anamingo debutará na  XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

A firma Anamingo debutará na  XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

A marca, afincada na Coruña, presentará unha colección cápsula denominada ‘Ajuar’, que pon en valor “las raíces de Galicia y el legado secular” do encaixe “en relación a una estética contemporánea”. Las prendas de Anamingo “son la fusión entre una producción tradicionalmente artesanal junto con metodologías y técnicas contemporáneas”. 

Eli Conde e Yolanda Román volven a Camariñas para participar no novo desfile ‘ReEncaixame’

Eli Conde, que participou no ano 2021, reinterpretará a súa colección ‘Victoria’.
Yolanda Román, que participou nos anos 2012 e 2019, vai reinterpretar a colección ‘Encaixa o postapocalipse’, do ano 2012.
A finalidade deste desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad