Actualidade

Actualidade da Mostra do Encaixe

O desfile de ‘ArtEncaixe’ busca consolidarse na XXXI Mostra do Encaixe

Trala súa estrea na pasada edición, son 12 os artesáns que chegarán de toda Galicia. A aposta polo patrimonio da comarca materialízase neste caso nas coleccións que presentará a Olería de Buño, unha das novidades. A ONG Egueire intégrase este ano neste desfile, tras participar na trixésima edición.

Oviedo énchese de encaixe como antesala á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Ao redor de 250 persoas asistiron no Palacio de Congresos de Calatrava a un desfile no que brillaron as coleccións de deseñadores que participaron nas últimas edicións. O público tamén valorou a creatividade das 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores. “Foi unha moi boa experiencia, pensamos que o público asturiano quedou encantado co que viu e invitámolos a vir á Mostra en Semana Santa”, explica Encarna Liñeiro.

Cartel da presentación da XXXI Mostra do Encaixe en Oviedo

O encaixe chegará a Oviedo cunha pasarela de moda para promocionar a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

O acto terá lugar o próximo sábado, 26 de marzo, ás 20 horas na Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava.
No desfile participarán Dolores Cortés e Ana Cabranes como grandes firmas e tamén 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores. “Queremos continuar promocionando a Mostra fora das nosas fronteiras, escollemos Oviedo pola cercanía e porque son un público potencial que pode vir en Semana Santa”, explica Encarna Liñeiro.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad