A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas invita ao público a coñecer se encaixa no paraíso
Hoxe deuse a coñecer o programa desta nova edición, que terá lugar do 13 ao 17 de abril e que supón o regreso ás datas e ao formato habitual do evento.
Hoxe deuse a coñecer o programa desta nova edición, que terá lugar do 13 ao 17 de abril e que supón o regreso ás datas e ao formato habitual do evento.
Neste recuncho os asistentes poderán atopar, da man de empresas locais e do deseñador Jose Matteôs, todo o que precisan para unha voda. Ademais dos vestidos de noiva do deseñador estarán Alebura (vehículos), Agasalle Encaixe Agasalla Amor (detalles), Diego Alonso Fotógrafo e Floristería Alecrín.
Haberá degustacións gratuítas, presentando a entrada e ata acabar existencias, de polbo, rodaballo e caviar de ourizos. As empresas que participan son Stolt Sea Farm, Gallego Pereira, Frigoríficos Canosa e Pescados Pedreira. Ademais, Industrias Cerdeimar colabora desde hai 30 anos coa Mostra.
O deseñador galego, afincando en Marbella, repetirá na Mostra por oitavo ano consecutivo. Adiante que a súa colección, ‘Óleo y Arena’, “se inspirá en los cuadros de Picasso y tendrá una puesta en escena muy de los Goya”.
A marca de moda española, con sede en Madrid pero que exporta a todo o territorio nacional, presentará unha colección “mezcla entre linos lisos y estampados exclusivos”. Montse Gallego, CEO de K-KOU, agarda “aportar reconocimiento al valiosísimo trabajo de las encaixeiras y así trasladarlo a todos nuestros clientes nacionales e internacionales”.
Será a quinta participación no evento da recoñecida deseñadora, que recoñece que para ela o encaixe “fue un descubrimiento, tanto que lo incorporamos a un desfile de la Madrid Fashion Week”.
A deseñadora compostelá traerá unha colección que “visibiliza y inivita a un diálogo donde nos cuestionemos la necesidad de reescribir ciertos tipos de códigos en cuanto a protocolo y estereotipos de género”. Esta será a súa cuarta participación e adianta que “he querido ir un paso más allá, jugando a deconstruir la idea de encaje tal y como la tenemos concebida”.
A alcaldesa, Sandra Insua, formalizaron o acordo co director de Sustentabilidade da empresa, Carlos Tavares, que tamén inclúe unha degustación de rodaballo.
Tanto a orquestra como a cantante doarán á asociación STOP FA os cartos que paga o Concello pola súa actuación. Ademais no pavillón haberá un stand da asociación para facer compras ou donativos.
Casa de Pedra de Camariñas
doloreslema.mostra@camarinas.net
Telf. 981 737 004 – Fax. 981 736 199
Encarna Liñeiro Pouso
encarna.lineiro@camarinas.net
Telf. +34 667 03 43 05