Actualidade

Actualidade da Mostra do Encaixe

Exposición ArtEncaixe na aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe de Camariñas

Hai dous anos, desde a organización da Mostra decidiuse apostar pola combinación do encaixe e a artesanía, e debido ao éxito deste tándem, decídese adicarlle un espazo para que os visitantes poidan contemplar estas pezas, estando prevista a súa instalación, a lo menos, ata a vindeira edición deste evento palilleiro. Ana Miguens, Ana Freiría, Charo López, Egueira ONG – Mimi La Bish, Estilo Aramar, Janet Schulz, Arteviares, Mar Barral, Noelia Peña, Alfarería Lista, O Rulo, Tendataller Feituras, Obradoiro Gorín, Pilar en Lá, Silvereria e Suso Calo son as mans que realizaron as obras expostas.

Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que o público acudise a Camariñas. En total foron 21.478 persoas as que asistiron á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña durante os 5 días. A asistencia de cada unha das xornadas tamén estivo por enriba da media dos últimos once anos.

Álvaro Castillo, gañador do Concurso de Nóveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe

Álvaro Castillo convértese no gañador do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Remind. Mëu Kiez, de Pablo González Moreno acadou o segundo posto do certame, mentres que El Taller, de Vanessa Parente e Beatriz Chan, quedou en terceiro lugar. O Premio especial do público recaeu nas mans de Pablo González Moreno con Mëu Kiez. Entregaron os premios Encarna Liñeiro, José Figueroa, Luis Canosa e José Manuel Ameal.

Camariñas aposta forte pola Vía Céltica como itinerario do Camiño de Santiago

A pasarela da Mostra do Encaixe acolleu hoxe a presentación do libro ‘Vía Céltica. Os camiños de Santiago por Santa Comba’. Sandra Insua destacou que “hai argumentos que nos din que Camariñas pode formar parte do Camiño de Santiago e pode ser un filón para o sector da hostelería”. O presidente da Asociación Costavales, Manuel Amigo, e o coautor do libro, Joám Evans Pim, explicaron os piares básicos deste proxecto.

A Mostra do Encaixe coa Asociación STOF FA

A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña tamén conta cunha vertente solidaria. A organización decidiu este ano colaborar coa Asociación STOF FA, unha entidade que algutina a persoas afectadas pola ataxia a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad