A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña arrinca mañá con máis desfiles ca nunca

O acto oficial de inauguración terá lugar ás 16:30 horas e correrá a cargo da alcaldesa de Camariñas, o presidente da Deputación da Coruña, a subdelegada do Goberno e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña.  En canto aos desfiles, nesta edición participan 13 Grandes Deseñadores, 40 Noveis Deseñadores, 11 artesáns do Artencaixe, o novo desfile de ReEncaixando, as Delegacións Internacionais, o PequEncaixe, e as Encaixeiras Sénior.

Mañá, mércores 5 de abril, arrincará a triséximo segunda edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que contará, ata o domingo 9 de abril, con máis desfiles ca nunca: con 13 Grandes Deseñadores, algúns xa consolidados e outras novidades, 40 Noveis Deseñadores, 11 artesáns do Artencaixe, o novo desfile de ReEncaixando, as Delegacións Internacionais, o PequEncaixe, as Encaixeiras Sénior…

A inauguración oficial será mañá, mércores 5 de abril, a partir das 16:30 horas no pavillón da Mostra do Encaixe. Intervirán a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor.

A apertura da trixésimo segunda edición da Mostra terá lugar antes, ás 15 horas, momento no que se iniciará o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participará o alumnado das escolas infantís municipais.

Despois da inauguración institucional, ás 18:00 horas celebrarase o desfile PequeEncaixe, para posteriormente dar paso ao desfile de Grandes Deseñadores ‘A’ e ‘B’, que virá precedido da estrea das ‘Cancións Dance Camariñas’, unha iniciativa que será unha sorpresa para todas as persoas asistentes.

O custe será de dous euros para o pase ao recinto, e dous euros para cada desfile. Poderase adquirir un pase para a entrada ao recinto e un desfile por tres euros e un bono para a entrada ao recinto todos os días máis un desfile por día por doce euros

LEMBRAMOS DATOS

  • Día: 5 de abril 2025
  • Hora: 16:30 horas
  • Recinto: pavillón Víctor Vigo de Camariñas, rúa Eugenio López, 12
  • Intervirán: a alcaldesa, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor.

Cartel da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Cartel da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.