O Cabo Vilán e o seu impoñente faro chegan ao centro de Madrid da man da XXXII Mostra do Encaixe

O Concello contratou unha inserción publicitaria para promocionar o evento durante toda a semana nas grandes pantallas de Callao e Gran Vía.

Para contribuír á difusión da XXXI Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, ao igual que xa fixera no ano 2020 e no 2022, decidiu levar a Mostra do Encaixe a pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que durante toda a semana do 16 ao 22 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía un cartel promocional.

A protagonista deste cartel, ao igual que do vídeo, é unha voluntaria da Mostra que, desde unha alfombra vermella, aprecia o fermoso paisaxe que ofrece, desde Reira, o Cabo Vián e o seu impoñente faro.

Na imaxe pode verse o slogan desta edición: ‘Camariñas está d emoda’ e unha clara referencia ás datas de celebración do evento: ‘Siempre en Semana Santa’.

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar a Mostra do Encaixe e o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, para afianzar o evento como capital da moda durante a Semana Santa e atraer un maior número de visitantes.

Posts relacionados

A ilustradora ceense Laura Suárez, creadora do cartel da XXXIV Mostra do Encaixe 

A ilustradora ceense Laura Suárez, creadora...

“A idea era representar a tempestade pero tamén a calma, a solidez e o movemento dunha tradición con tanta historia…
O Concello leva a FITUR ‘Un mar de piques’ para promocionar a Mostra e afianzarse como destino turístico

O Concello leva a FITUR ‘Un...

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra do 22 ao 26 de xaneiro en IFEMA (Madrid) foi outro…
O Cabo Vilán e o seu impoñente faro chegan ao centro de Madrid da man da XXXII Mostra do Encaixe

O Cabo Vilán e o seu...

O Concello contratou unha inserción publicitaria para promocionar o evento durante toda a semana nas grandes pantallas de Callao e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.