O Cabo Vilán e o seu impoñente faro chegan ao centro de Madrid da man da XXXII Mostra do Encaixe

O Concello contratou unha inserción publicitaria para promocionar o evento durante toda a semana nas grandes pantallas de Callao e Gran Vía.

Para contribuír á difusión da XXXI Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, ao igual que xa fixera no ano 2020 e no 2022, decidiu levar a Mostra do Encaixe a pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que durante toda a semana do 16 ao 22 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía un cartel promocional.

A protagonista deste cartel, ao igual que do vídeo, é unha voluntaria da Mostra que, desde unha alfombra vermella, aprecia o fermoso paisaxe que ofrece, desde Reira, o Cabo Vián e o seu impoñente faro.

Na imaxe pode verse o slogan desta edición: ‘Camariñas está d emoda’ e unha clara referencia ás datas de celebración do evento: ‘Siempre en Semana Santa’.

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar a Mostra do Encaixe e o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, para afianzar o evento como capital da moda durante a Semana Santa e atraer un maior número de visitantes.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES