A ilustradora ceense Laura Suárez, creadora do cartel da XXXIV Mostra do Encaixe 

“A idea era representar a tempestade pero tamén a calma, a solidez e o movemento dunha tradición con tanta historia que non ten medo a experimentar e a modernizarse”, explica.

O talento da Costa da Morte foi protagonista en todo o material divulgativo que se creou para promocionar a XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O elemento básico sobre o que xirou o resto de pezas, o cartel, este ano foi obra da ilustradora ceense Laura Suárez.

Laura Suárez, nada en Dumbría pero afincada en Cee, ven de ser recoñecida recentemente co XIX Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña polo seu álbum ‘A Raíña Cadaver’, estudou Belas Artes na Universidad Politécnica de Valencia e cursou un máster na escola Elisava de Barcelona, especializándose en ilustración e cómic.

“Diego Alonso púxose en contacto conmigo para facer o cartel deste ano, transmitíndome o concepto da campaña do Mar de Piques e a idea da nasa mesturada coa almofada. Comecei coa liña dese elemento principal e xa, a partir de ahí, preparei a composición da ilustración e a gama cromática”, explica.

Sobre a selección de cores sinala que “baseouse na mestura do tradicional e o moderno. As cores cálidas da almofada, suaves marróns e fortes vermellos, contrarrestan co azul do mar e da nasa, un azul ecléctico que mostra un día de vento e tormenta, tan profundo que só se pode albiscar unha silueta do Faro Vilán”. “A idea é representar a tempestade, pero tamén a calma, a solidez e o movemento dunha tradición con tanta historia, que non ten medo a experimentar cos novos tempos e modernizarse”, salienta.

Cartel da XXXIV Mostra do Encaixe
Cartel da XXXIV Mostra do Encaixe

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES