Teresa Búa presenta na Mostra o proxecto ‘Mariscadoras con luna’ no que fusiona o encaixe coa moda dixital

Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

A deseñadora Teresa Búa, gañadora no ano 2017 do concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas, está presente nesta edición presentando o seu proxecto ‘Mariscadoras con luna’ no que fusiona o estudo e creación da moda dixital coa artesanía do encaixe de Camariñas.

Teresa ten un stand no pavillón A da Mostra, no que explica o proceso que leva a cabo para crear as súas pezas e onde se pode ver o resultado. O proxecto, que realizou a través dunha subvención da modalidade de deseño das Ayudas Injuve para la Creación Joven, pon en valor a artesanía de Galicia e fusiónaa coa moda dixital.

‘Mariscadoras con luna’ é unha colección de lencería, composta por kimonos e vestidos de seda. Todas as prendas están rematadas con encaixe de Camariñas e o proceso creativo é completamente dixital. O estudo e representación das prendas en 3D permitiulle a Teresa Búa reducir recursos, creando unha colección sustentable.

O proxecto, que se levou a cabo coa colaboración do Concello de Camariñas, a través do departamento da Mostra do Encaixe, estará exposto no Museo do Traxe de Madrid a primeiros de xuño.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad