Sandra Insua destaca a labor das palilleiras para “manter viva unha tradición que xera identidade”

A pasarela da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu unha homenaxe ás palilleiras na que tamén se descubriu un retrato da palilleira máis nova e a máis veterana, obra de Cayetano Lledó.

A sala de desfiles da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña foi o lugar escollido para realizar unha sentida e fermosa homenaxe ás palilleiras, ás que á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, cualificou como “as verdadeiras artífices de elevar á máxima potencia unha labor artesá da que todas e todos debemos estar moi orgulloso” e destacou o seu traballo para “manter viva unha tradición que xera identidade”. 

“As palilleiras fan moito máis que manter aceso o lume dun oficio tradicional. Porque co encaixe, desenvolven un arte cun enorme valor na industria téxtil. A alta costura, a moda en xeral e a ornamentación nútrense, aínda na actualidade, dos produtos feitos coas expertas mans das nosas palilleiras”, afirmou.

Sandra Insua destaca a labor das palilleiras para “manter viva unha tradición que xera identidade”

Sandra Insua salientou que “hai poucos praceres na vida mellores que chegar a unha casa ou a unha obradoiro e escoitar o repenicar das palilleiras. Ese son é talento. Ese son é tradición. Ese son é calidade. Ese son é autenticidade. Ese son é encaixe. E ese son é ao que soa Camariñas: a muller, empoderada, forte e reivindicativa”.

Presente, futuro e historia

No acto de homenaxe ás palilleiras tamén se descubriu un retrato da palilleira máis nova, Cloe, e a máis veterana, Maricarmen, pintado a man por Cayetano Lledó. Unha obra que simboliza o presente, o futuro e a historia do encaixe de Camariñas.

Sandra Insua destaca a labor das palilleiras para “manter viva unha tradición que xera identidade”

Posts relacionados

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto. Yolanda Díaz agradeceu o detalle…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
Uxía Loureiro convértese na gañadora do XXIX concurso de Noveis Deseñadores coa colección A Orixe

Uxía Loureiro convértese na gañadora do...

Tecer, de Fabiola Santos Baña, acadou o segundo posto do certame, mentres que F.37, de Sofía Sánchez Rey e Santiago…
gl_ESGL_ES