Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25 as coleccións finalistas, con rapaces e rapazas que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e de España.

Hoxe, xoves 2 de abril, saíron por primeira vez á pasarela desta XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña as 29 persoas finalistas que participan no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores, unha aposta da organización polo talento emerxente.

Na pasarela desfilan un total de 25 coleccións dos deseñadores: Adriana Alonso Álvarez (Santiago de Compostela); Ainhoa Trueba López (Torrelavega, Cantabria); Alba Martínez Arjona (Terrassa); Andrea Alegría Ballester (Santander, Cantabria); Andrea Bernado Gil (Lleida); Andrea Gómez Usó (Tabernes Blanques, Valencia); Borja Pintos Nieto (Madrid); Carla Ayllon Ferraro (Valencia); Carlota Paradela Sued (Santander, Cantabria); Chenxi Zhao (Santa Coloma de Gramenet, Barcelona); David Fernández Fernández (A Coruña); Eduardo Rial Barral (Viladecruces, Pontevedra); Enmma Ritzo (Santander, Cantabria); Estefanía Orgaz Fernández (Orro, Culleredo); Gloria García Cuenca (Madrid); Iria Navarrete Ponte (Nigrán); Javier Requena López (La Rinconada, Sevilla); José Ródenas Colomer (L’Eliana); Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo, Ourense); Laura Freire Feijoo (Aranga, A Coruña); Leticia Rodríguez Cancela (Cospeito, Lugo); Lucía Cornide Muiño (Brexo, Cambre); Lucía García Palmero (Granada); María Beatriz Zambrano Moreno (Santander); Marina Lamelo Ballejo (Santiago de Compostela); Marina Martín García (Antequera, Málaga); Nicolás Liste Oubel (Santiago de Compostela); Noelia Barreiro González (Santiago de Compostela); Pau Borrós Jaques (Barcelona); Pedro Orgaz Fernández (Orro, Culleredo); Rocío Molina López (Restábal, Granada); Rubén Pérez Ornedo (La Palma del Condado, Huelva); Sheila Pérez Garrido (Madrid); Sofía García Rodríguez (Pontevedra).

A maior parte das persoas seleccionadas pertencen aos seguintes colexios: Valencia, Susa Suárez Santiago de Compostela, SD Mestre Mateo, Escuela Superior Sevilla de Moda, Barreira A+D, Estación Diseño de Granada, Artediez Madrid, Cesine Cantabria e Escuela Superior de diseño Goymar.

Na pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas desfilan un total de 25 coleccións: Amodiño, As bágoas, Expediente 1885, Arché, El Velo del Tiempo, Tecidas na Terra, Albor, Araiz, Voces del duelo, As viúvas dos vivos, Candelaria, Vestixios do mañá, Alén, Febra, Cuerpos Sumergidos, Love Buried, Cuarto menguante, Mater Sanct, Áuricas, Simbiosis, Perlas da mar, Entre madera y marea, Sin domesticar, Entre la piel y la estructura e A costa que fala. 

Premios

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do encaixe de Camariñas na moda. A principal novidade desta edición é que se concederán, mediante a valoración do xurado oficial, premios ás catro mellores coleccións. O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, o terceiro de 700 euros e o cuarto de 500 euros.

O domingo, 5 de abril, darase a coñecer o fallo do xurado.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita versatilidade na aplicación do encaixe

O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita...

Os 13 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais. Son: Alfarería La…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.