Desfiles dinámicos e entretidos na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas 

A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por cuarto ano consecutivo. “Apostamos, sobre todo, polos modelos galegos, identificamos figuras que poden chegar lonxe e dámoslles a súa primeira oportunidade en Camariñas ”, explica Damián.

A pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a destacarse como unha referencia nacional a nivel organizativo e de proposta visual, presentando desfiles estruturados, dinámicos e entretidos para o público, tanto para o máis experto como para os que se achegan por primeira vez ao mundo da moda.  

A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, é a encargada de organizar e coordinar estes desfiles. Farao por cuarto ano consecutivo e, como explica Damián, están “moi contentos de repetir, con moita ilusión e moitas gañas”. 

Quen se achegue á Mostra durante a Semana Santa poderá desfrutar de desfiles, de mañá e de tarde, que, aínda que pertenzan a diferentes categorías, seguen un mesmo patrón: “deben ser un espectáculo, deben ser traballados, nós incidimos moito nas coreografías, nas luces e na música porque queremos que sexa un espectáculo moi dinámico e entretido de ver”. 

“Animo ás persoas que nunca viron en directo un desfile a que veñan, estou seguro de que se van a quedar sorprendidos”, indica Damián, que fai referencia a que “o ano pasado na Mostra completáronse os asentos de casa todos os desfiles, con moitos ‘Sold Out’, e isto demostra que á xente lle interesa, agardamos repetir o mesmo este ano”. 

Para iso, manterán a filosofía de “apostar, sobre todo, polo talento de modelos galegos” e para iso “identificamos figuras que poden chegar lonxe e dámoslles a súa primeira oportunidade con grandes firmas en Camariñas”. “Hai novos perfís moi interesantes e outros que repiten de anteriores edicións, o que nos da a seguridade de que vamos a ter un traballo profesional”, salienta. 

“Como novidade, este ano estivemos organizando os desfiles de Despunte, da ESAD Mestre Mateo, e alí puidemos captar a varios perfís interesantes dos voluntarios que participan como modelos e que vamos a traer a Camariñas”, comenta.

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.