Ábrese unha ventá ao paraíso de Camariñas no centro de Madrid

O Concello volveu a contratar insercións publicitarias para promocionar o municipio durante esta semana nas grandes pantallas de Callao e Gran Vía e nas do frecuentado Mercado de San Miguel.

Para contribuír á promoción turística do municipio, e aproveitando a presenza en FITUR, o Concello abriu unha ventá ao paraíso de Camariñas en pleno centro de Madrid, contratando insercións publicitarias nas grandes pantallas dixitais de Callao e Gran Vía e nas do frecuentado Mercado de San Miguel.

A inserción publicitaria consiste, por unha banda, nun vídeo de 10 segundos no que, baixo o lema ‘Camariñas Sorprende’ poden verse as festas, a paisaxe e a gastronomía que ofrece Camariñas e, pola outra, como imaxe fixa, o cartel da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

“Así, tanto os milleiros de persoas que día a día pasean pola Gran Vía e a praza de Callao como os visitantes que acoden ao Mercado de San Miguel, un dos máis destacados da capital do país, poderán facer un primeiro achegamento ao paraíso que temos en Camariñas”, explica a alcaldesa, Sandra Insua.

A rexedora aclara que “o obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, xunto á Mostra do Encaixe, para atraer un maior número de visitantes ao longo de todo o ano”. “Os resultados dos últimos anos foron moi bos e por iso repetimos”, afirma.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.