O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os encargados de lucir as súas creacións na pasarela.

O encaixe, como artesanía milenaria, non coñece de fronteiras. Así se demostrou na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña no desfile das ‘Delegacións de encaixeiras Internacionais’ que amosaron as súas creacións na pasarela.

Participan: Arxentina (Buenos Aires), Bulgaria (Sofía), Hungruía (Kiskunhalas), Italia (Novedrate e Trapani), Portugal (Peniche e Serra D’El Rei), Polonia (Bobowa) e España (Arenis del Mar).

Son as voluntarias e os voluntarios da Mostra do Encaixe os encargados de lucir as súas creacións sobre a pasarela. Aproveitando o desfile, eles tamén recibiron un agasallo por parte do Concello en recoñecemento ao seu traballo altruísta. 

Posts relacionados

Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
O encaixe do mundo volta á pasarela da Mostra nunha xornada de estreas

O encaixe do mundo volta á...

Este xoves entraron en escena os desfiles do concurso de Noveis Deseñadores, do ArtEncaixe e das Delegacións Internacionais.
Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.