A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A autora creou este libro como traballo de fin de Máster sobre unha intervención no proceso de organización na escritura de contos nos nenos e nenas de Educación Infantil.

Os nenos e nenas da Escola de Palillo recibiron hoxe, sábado 19 de abril, un agasallo moi especial para recoñer o traballo que realizan ao longo do ano e que garante o futuro do encaixe: o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. 

A autora, acompañada da alcaldesa, Sandra Insua, e da concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, ademais doutros membros do goberno local, entregaron o libro aos encaixeiros infantís ao remato do emocionante e divertido desfile do PequEncaixe.

O libro ‘Un viaje por el espacio’ surxe a raíz do Traballo de Fin de Máster de Águeda Antelo, que cursou Educación Infantil e logo fixo o Máster de Psicoloxía Aplicada a Contextos Educativos. O traballo consistía en facer unha intervención no proceso de organización na escritura de contos nos nenos e nenas de Educación Infantil e ela decidiu levala a cabo nas aulas de 5 anos dos colexios de Camariñas e de Ponte do Porto.

“Para facer o traballo necesitaba un tema que me dese moito material e por iso decidín escoller o espazo cos seus planetas, asteroides, marcianos… Foron 8 semanas de intervención no colexio de Camariñas e eu, cada día que chegaba, contáballes aos nenos e nenas un pouco da historia do meu libro e a partir de aí traballábamos diversas actividades relacionadas co espazo. Toda a intervención ía unida a unha historia coa que eles estaban familiarizados”, indica a autora.

Posts relacionados

¿Onde está o encaixe no cartel da XXX Mostra?

¿Onde está o encaixe no cartel...

Neste post, a nosa experta palilleira, desvelanos tódolos secretos do smoking do protagonista do cartel da XXX Mostra do Encaixe…
Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXX Mostra do Encaixe...

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey e íntegramente realizado por…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.