Actualidade

Actualidade da Mostra do Encaixe

Acto de presentación do spot da XXXI Mostra do Encaixe en Fitur

‘E ti, encaixas no paraíso?’, o chamamento da Mostra para dar a coñecer Camariñas máis aló da artesanía

Unha tradición milenaria e unha natureza fermosa e impoñente, a aposta da trixésimo primeira edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR, no stand de Turespaña.
No vídeo promocional faise un percorrido desde a Virxe do Monte, lugar onde se atopa o paraíso, ata a duna rampante do areal de Trece, imaxe do cartel da Mostra.
Sandra Insua animou ao visitante a que “nos visite durante Semana Santa, asista á Mostra do Encaixe e aproveite para coñecer o fermoso patrimonio co que conta Camariñas, estou segura de que volverá”.
Ainhoa Toba, voluntaria da Mostra, é a protagonista do vídeo e tamén do cartel promocional que se proxectou toda a semana nas pantallas de Callao e da Gran Vía.

Quenta motores o XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores

Faise pública a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O evento terá lugar do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a celebración da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas.

As nenas da Escola de Palillo do Concello de Camariñas desfilaron na XXX Mostra

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase dunha forma segura. Deuse a coñecer o cartel da XXXI Mostra do Encaixe, no que se poden ver uns palillos no Monte Blanco coas praias de Trece ao fondo. Encarna Liñeiro agradeceu o traballo de todas as persoas implicadas e deu por rematada “a mostra máis agardada, que 600 días despois foi unha realidade”.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad