\n\n

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo.  Expediente 1885, de Marina Lamelo Vallejo, acadou o segundo posto do certame, mentres que Araiz, de Sheila Pérez Garrido, quedou en terceiro lugar, e Mater Sancta de Marina Martín García e Javier Requena levou o cuarto premio. Entregaron os premios Sandra Insua, Javier de Francisco, María José Gerpe e Olga Campos.

A xornada de clausura da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio, entregado pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recaeu nas mans de Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz, que coa súa colección Albor repiten galardón por segundo ano consecutivo.

Os irmáns coruñeses, que xa conquistaran ao xurado profesional en 2025 coa súa colección Mitra, logran ademais marcar un fito histórico: é a primeira vez que uns participantes gañan o primeiro premio en dúas ocasións. 

O responsable de relacións institucionais de Stolt Sea Farm, Javier de Francisco, entregoullle o premio a Expediente 1885, de Marina Lamelo Vallejo, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección Araiz de Sheila Pérez Garrido, que recibiu o premio da responsable de relacións institucionais de Frigoríficos de Camariñas, María José Gerpe; acadou o terceiro posto. O cuarto premio, entregado pola presidenta da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, foi para Marina Martín García e Javier Requena, con Mater Sancta. 

Nesta edición repartíronse un total de 4.500 euros en premios divididos do seguinte xeito: un primeiro premio de 2.100 euros, un segundo de 1.200 euros, un terceiro de 700 euros, e o cuarto de 500 euros. 

Optaron a estes galardóns 25 coleccións dun total de 29 mozas e mozos que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda. A procedencia dos noveis deseñadores foi moi diversa, formados nas mellores escolas a nivel estatal.

O xurado estivo composto polas seguintes deseñadoras e deseñadores: Modesto Lombra, Ana Cabranes, Dolores Cortés, Felipe Santamaría, Ignacio Muñoz, Joaquín Ruíz e José Perea.

Na clausura, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, afirmou que “o impacto desta Mostra e do noso encaixe non se limita a estes días de celebración. Detrás dos focos, hai un traballo incansable que dá os seus froitos os 365 días do ano. Levamos todo este ano tramitando decenas de pedidos para diferentes deseñadores”. “Grazas ao inmenso talento e ás mans das nosas palilleiras e costureiras, o vindeiro mes de maio sairá á luz unha colección de roupa que levará a nosa artesanía por todo o mundo. Este é o verdadeiro éxito do noso encaixe: xerar oportunidades e futuro para a nosa vila”, indicou.

No seu discurso salientou que “en Camariñas, a arte non só se atopa nos palillos nin nos desfiles. A arte rodea cada paso que damos polo noso municipio. Por iso, este ano quixemos darlle continuidade á nosa campaña ‘E ti… Encaixas no paraíso?’. Unha iniciativa coa que levamos a quen nos visita a descubrir o noso epicentro da natureza máis salvaxe: o eixo Trece-Reira-Vilán. Unha contorna indomable, de mar batido e rochas impoñentes, que contrasta maxicamente coa delicadeza do noso encaixe”.

Posts relacionados

O camariñán Diego Garrote, con ‘Ángeles Acusadores’, continúa coas presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

O camariñán Diego Garrote, con ‘Ángeles...

Mañá, sábado, 4 de abril, continuarán Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández. 
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’ e Anxo Mouzo, con ‘A Princesa Dourada’, estrean as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’...

Mañá, venres 3 de abril, e o sábado, 4 de abril, continuarán Diego Garrote, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.