A EASD Mestre Mateo participará no desfile de ‘ArtEncaixe’ da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esta será a súa participación na Mostra e farano co alumnado de 1º curso de Xoiería. “Presentaremos pezas escultóricas, adaptadas a desfile”, explica a mestra Ana Seara, que engade que “haberá máscaras, coroas, colares, pendentes…”

O desfile de ‘ArtEncaixe’ continúa, ano a ano, gañando puxanza, consolidándose e atraendo a artesáns de diferentes puntos de Galicia para demostrar que o encaixe é versatil e pode adaptarse a diferentes materiais. Neste caso, na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estrearase a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.

Farano coa participación de 15 alumnos e alumnas do primeiro curso de Xoiería. “Para eles é algo emocionante, poder sacar adiante un proxecto e que o vaia ver tanta xente, porque normalmente o que facemos quédase na aula”, explica a mestra da EASD Mestre Mateo, Ana Seara.

Ana adianta que “presentaremos pezas máis escultóricas, adaptadas ao desfile, moi grandes” e sinala que “xogamos con materiais alternativos e estamos traballando con corte laser e con metacrilato polo que terán moita cor”. “Haberá máscaras, coroas, colares, pendentes…”, afirma.

Para os rapaces e rapazas da EASD Mestre Mateo “foi divertido o proceso de aplicar o encaixe nas súas pezas, supuxo un cambio no que agardaban que íamos a facer na clase e penso que desfrutaron do proxecto”, comentou a profesora.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.