As vistas de Trece desde Monte Branco chegan ao centro de Madrid da man da XXXI Mostra do Encaixe

O Concello contratou unha inserción publicitaria para promocionar o evento durante toda a semana nas grandes pantallas de Callao e Gran Vía. A protagonista deste cartel, que non é o oficial, é Ainhoa Toba, voluntaria da Mostra do Encaixe.

Para contribuír á difusión da XXXI Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, ao igual que xa fixera no ano 2020, decidiu levar a Mostra do Encaixe a pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que durante toda a semana do 17 ao 23 de xaneiro se proxectase nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía un cartel promocional.

A protagonista deste cartel, ao igual que do vídeo, é a voluntaria da Mostra Ainhoa Toba que desde o alto da duna de Monte Branco, cun vestido de encaixe e sostendo uns palillos e co areal, aprecia o fermoso horizonte das praias do Trece.

Na imaxe pode verse o slogan desta edición: ‘Encaixas no paraíso?’ e unha clara referencia ao municipio e ás datas de celebración do evento: ‘Camariñas, corazón da Costa da Morte. Semana Santa 2022’.

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar a Mostra do Encaixe e o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, para afianzar o evento como capital da moda durante a Semana Santa e atraer un maior número de visitantes.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES