Suso Calo, Estilo Aramar e Ondas do Mar no desfile de ‘ArtEncaixe’ da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esta será a primeira participación na Mostra da firma local Ondas do Mar, mentres que Suso Calo e Estilo Aramar repiten.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

O desfile de ‘ArtEncaixe’ da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña conta con tres novas confirmacións: Suso Calo e Estilo Aramar, que repiten no evento, e Ondas do Mar, unha firma local que se estrea este ano.

Suso Calo, especializado en artesanía en prata e talla, aposta polo desfile de ArtEncaixe como “un xeito de darse a coñecer e de darlle relevancia a un traballo que, combinado co encaixe, faise moito mais visible”. “O encaixe permite cousas que só en prata serian complicadas”, afirma.

“Este ano para a pasarela dinlle prioridade ao encaixe, a maioría das pezas están pensadas a partir dun aplique de encaixe e despois fago o soporte en prata para convertelo nun complemento que se poida poñer, sexa un brazaleta, un pendente ou un colgante”, indica.

Spot da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Viviana Araújo, de Estilo Aramar, comenta que “este año llevo a la Mostra piezas de reciclaje como un kimono confeccionado con el papel de bolsas de té rojo usadas en el que el encaje va incorporado en la espalda formando el tronco de un cerezo y formando parte de un paisaje japonés, con un sol de pan de oro y flores de seda”. “En otras piezas he combinado técnicas de teñido en los tejidos, el arashi o el teñido en hielo”, añade.

Por su parte, la camariñana Josefina Campaña, cuenta que “hai 30 anos eu participei na Mostra como alumna de deseño da escola taller de Camariñas e, tres décadas despois, volvo a participar coa miña propia firma, ‘Ondas do Mar’. “É unha gran ilusión, son unha camariñana que veño da familia dos Campaña, na cal nos ensinaron a loitar polos nosos soños”, relata.

“Levo dúas pezas, nas cales xunto dúas artes: encaixe e pinceles”, comenta. “Creo que son pezas únicas, todo sae das miñas mans iso é o que máis me fai sentir máis orgullosa”. Salienta.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad