Susi Gesto e Uxía Rodríguez: dende a Mostra do Encaixe ata o desfile do XLIII Día do Traxe Galego

Será este sábado, 30 de xullo, cando ambas artistas se xunten na emblemática praza de Mazarelos. Este evento está vencellado desde hai décadas ás Festas do Apóstolo, en Santiago de Compostela.

Nace unha nova colaboración froito do éxito das pasarelas ‘ArtEncaixe’ e de Noveis Deseñadores da Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña: o tándem formado por Susi Gesto, artesá, e Uxía Rodríguez, deseñadora participante en varias edicións dun dos eventos de moda máis relevantes a nivel nacional e internacional como o é a Mostra do Encaixe.

O Día do Traxe Galego forma trátase dunha cita moi vencellada ás Festas do Apóstolo, en Santiago de Compostela. Haberá desfiles, exhibicións, certames, obradoiros para a rapazada…Como principal novidade deste ano, terá lugar a feira de vestir “De onte a hoxe”, onde as nosas dúas protagonistas tomarán parte de maneira conxunta.

Susi Gesto e Uxía Rodríguez: dende a Mostra do Encaixe ata o desfile do XLIII Día do Traxe Galego

“As miñas creacións baséanse na filigrana compostelá, en metal, e esta colaboración preséntase moi interesante. As miñas pezas fundaméntanse na tradición, pero sempre me gusta innovar e por isto conto con Uxía para esta cita”, afirma Susi Gesto, quen di que “o Encaixe de Camariñas vai estar moi presente”.

Pola súa banda, Uxía Rodríguez, boa coñecedora da Mostra, ten “moita ilusión por este evento”. Colaborará coa colección presentada no concurso de Noveis Deseñadores da Mostra no 2019, ‘Brigos’, que se inspira tamén no traxe tradicional galego pero con toques dos festivais da época hippie ou rock. “É un orgullo para min”, subliña, quen di “estar moi ilusionada nesta colaboración e agardo sexa, a primeira de moitas”.

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.