Presentado en FITUR o cartel da XXX Mostra do Encaixe

O modelo internacional Damián Álvarez da Costa da Morte é o protagonista dun cartel ideado e protagonizado íntegramente por profesionais da Costa da Morte

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días en IFEMA (Madrid) foi o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXX edición da Mostra do Encaixe, que se celebrará do 8 ao 12 de abril e que aspira a romper estereotipos desde o primeiro momento.

A edición que significará as tres décadas de vida deste evento non será unha máis xa que a organización decidiu rachar coa típica imaxe que se ten do encaixe, un arte milenario asociado erroneamente ás prendas femininas, e empregou un modelo masculino como imaxe do cartel e o spot oficial para este ano.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, conseguiu diferenciar este evento que espalla o nome de Camariñas e da Costa da Morte polo mundo ao lograr un espazo no stand de Turespaña para poder levar a cabo a presentación dunha edición tan sinalada como é esta.

Alí, Sandra Insua destacou que “este evento naceu co obxectivo de por en valor un elemento vertebrador de Camariñas como pobo e como comunidade e superou ese obxectivo con creces” xa que “a Mostra é coñecida internacionalmente, é un evento de moda referencial en Galicia e España, e cada ano chegan delegacións de todos os lugares do mapa que quedan marabillados coa arte das nosas palilleiras, que fan maxia coas súas mans”.

Ademais, subliñou que “a esencia da primeira Mostra do Encaixe de Camariñas segue intacta. Os tempos son de cambio, as modas pasan pero a esencia mantense e transmítese de xeración en xeración, é algo innegociable”.

“Como alcaldesa de Camariñas é para min un orgullo ostentar a responsabilidade de organizar a trixésima edición da Mostra do Encaixe e de continuar fomentando e difundindo esta tradición ano tras ano”, rematou Insua.

Cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas protagonizado polo modelo internacional da Costa da Morte Damián Álvarez
Cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
Arrinca o XXXI Concurso de Noveis Deseñadores con 38 promesas da moda e estréase a ‘Firma Emerxente’

Arrinca o XXXI Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 26…
O encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O encaixe de Camariñas brilla con...

Son 10 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Franco…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.