Presentación da Cervexa Serpent na XXXI Mostra do Encaixe

A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu a presentación da cervexa 'Serpent', un proxecto de César de León, natural de Dor (A Ponte do Porto).

Os tres tipos de cervexas ‘Serpent’, a lager, a pale lager e a franciscana, están a acaparar o protagonismo da zona de cafetería desta trixésimo primeira edición da Mostra, onde poden degustarse calquera dos cinco días do evento.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explicou que “o espírito desta Mostra é o mesmo que levo aplicando, eu e o meu equipo de goberno, para todas as políticas que levamos a cabo no Concello: o de apostar polo talento que temos en Camariñas porque aquí hai moito talento que só necesita un pequeno impulso para poder sacar todo o seu potencial”.

De César de León, destacou que tivo que “emigrar a Suíza e volveu coas ideas moi claras. Quería montar unha fábrica de cervexa artesanal e que estivese en Camariñas. Xa leva medio camiño andando, agora agardamos que pronto poida trasladar a súa nave ao noso municipio”.

Pola súa parte o fundador do Serpent salientou que “para ter de todo en Camariñas só nos faltaba unha cervexa propia, e xa a temos”.

Posts relacionados

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’ e Anxo Mouzo, con ‘A Princesa Dourada’, estrean as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’...

Mañá, venres 3 de abril, e o sábado, 4 de abril, continuarán Diego Garrote, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera…
En Semana Santa, o fío convértese en arte na XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

En Semana Santa, o fío convértese...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a deputada provincial…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.