Oviedo énchese de encaixe como antesala á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Ao redor de 250 persoas asistiron no Palacio de Congresos de Calatrava a un desfile no que brillaron as coleccións de deseñadores que participaron nas últimas edicións. O público tamén valorou a creatividade das 12 coleccións de gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores. “Foi unha moi boa experiencia, pensamos que o público asturiano quedou encantado co que viu e invitámolos a vir á Mostra en Semana Santa”, explica Encarna Liñeiro.

A Sala de Cristal do Palacio de Congresos de Calatrava, en Oviedo, acolleu con gran expectación o desfile de moda organizado polo Concello de Camariñas para promocionar a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

Foron ao redor de 250 persoas as que se congregaron no fermoso espazo do Palacio de Congresos ovetense e que puideron desfrutar da pasarela programada para a ocasión, na que brillaron as coleccións de diferentes grandes deseñadores que participaron nas últimas edicións, con especial mención á deseñadora asturiana Ana Cabranes e as súas pezas pret Porter e ceremonia.

Ademais, o público tamén valorou a creatividade e a innovación que se aprecia nas 12 coleccións dos gañadores e finalistas do certame de noveis deseñadores que cederon as súas creacións para poder levar a cabo esta pasarela: Rocío Molina e Alba Cobos coa súa colección ‘Enxebre (2)’, Rebeca Mercado con ‘Déjame Encajar’, Candela Rodríguez e Alba Otero con ‘Carrera de Indias’, Joaquín Ruíz con ‘Suspiros flamencos’, Jaione Ventura con ‘Zeistmaschine’, Uxía Rodríguez con ‘Estímulos’, Eli Conde con ‘Victoria’ e Iria Cameán con ‘Un paseo sereno’. Os e as modelos correron a cargo da Agencia de Modelos Rassim’s.

Ao remate do acto, organizado en colaboración coa Asociación de Galicia en Asturias, da man do seu presidente Manuel Fernández Quevedo, a recoñecida soprano asturiana deleitou aos asistentes coa súa voz e incluso interpretou algún dos seus temas en galego.

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro destacou que “foi unha moi boa experiencia, pensamos que o público asturiano quedou encantado co que viu e invitámolos a vir a Camariñas a desfrutar da Mostra en Semana Santa porque o que aquí puidemos ver só é unha pequena parte de todo o que ofrecemos”.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.