O ‘ReEncaixame’ e o ‘Gourmet entre Encaixes’ debutan na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Eli Conde, Yolanda Román, Luz Prado participan no novo desfile ‘ReEncaixame’, que saíu hoxe á pasarela por primeira vez. A finalidade é reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas. No espazo gastronómico están presente: CienPorCel, K Dulce, Bico de Xeado, Quesos Artesanos Autor, A Biconeta, Ibéricos de Salamanca, Pimentón La Ristra, Frigoríficos Canosa, Stolt Sea Farm, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e mermeladas Amorodo.

As principais novidades da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña son o novo desfile ‘ReEncaixame’ e o espazo gastronómico ‘Gourmet entre Encaixes’, dúas propostas para seguir diversificando o evento.

Hoxe foi a primeira vez que desfilaron na pasarela as diseñadoras participantes no ‘ReEncaixame’: Eli Conde, Yolanda Román, Luz Prado. Todas participaron nalgunha das edicións do concurso de Noveis Deseñadores e agora volven á Mostra dándolle unha volta as súas coleccións.

Este desfile é unha aposta clara pola sustentabilidade na artesanía e na moda. A finalidade é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas. Deben amosar como reinterpretan e transforman as prendas nunha nova colección cun enfoque de reutilización de materiais e redución de desperdicio. Participan persoas que, sendo ou non profesionais da moda, participasen no Concurso de Jóvenes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña nalgunha das súas 29 edicións.
Por outra banda,  o ‘Gourmet entre encaixes’, é un novo concepto de espazo dedicado ao sector alimentario no que se instalaron 13 postos e food trucks para a venta ao público de produtos gourmet de calidade: CienPorCel, K Dulce, Ibéricos de Salamanca, Pimentón La Ristra, Biconeta, Frigoríficos Canosa, Stolt Sea Farm, Bico de Xeado, Quesos Autor, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e Mermeladas Amorodo.

Posts relacionados

Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
A XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña continúa á alza e con 23.440 persoas volve a marcar o seu máximo histórico de asistencia

A XXXV Mostra do Encaixe Deputación...

Achegáronse ao pavillón Víctor Vigo máis persoas que na edición anterior, cando se acadara o dato de asistencia máis alto…
Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
gl_ESGL_ES